Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Centrífuga para Amor


Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

D02822.jpg
D02821.jpg
08.jpg
14.jpg
 


Novos Produtos Centrífuga
Centrífuga permite separar con total precisión o elemento para o que foi deseñada, neste caso, o Amor.

Centrífuga funciona como un Estimulador de Amor.

O Amor, en todas as súas clases, é un elemento clave na vida do ser humano. O ser humano necesita sentir amor para sentirse vivo, moverse por impulsos amorosos que o leven a múltiples sentimentos.

Centrífuga para Amor permite localizar toda clase de amores.

Centrífuga funciona como un identificador Perfecto de Amor.

En moitas ocasións, os nosos impulsos amorosos confúndennos e non nos permiten gozar con total plenitude do amor verdadeiro.

Centrífuga permite que os teus sentimentos de amor se fagan totalmente claros e así poder vivilos con total intensidade e coñecemento.


Como usar Centrífuga para Amor
Estás na Cabina Depuradora Dourada, descálzate antes de entrar, aumenta a percepción.

Accede ao interior, sigue estas indicacións e déixate levar.
- Pasea polo Espazo Contorno Estimulador.
- Sitúate no punto central de color VERMELLO.
- Xira suavemente sobre ti mesmo.
- Sinte como o espazo comeza a expandirse.
- Libera o teu pensamento.
- Deixa que aflore o amor no seu estado verdadeiro, espera a que se faga cada vez máis claro e nítido, aséntao no teu corazón.
- Unha vez que fixes o amor, xa estás listo para vivilo.

* Esta terapia garante a total confidencialidade, o teu Amor só está dentro de ti.