Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Centrífuga para Fantasías


Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

latitudes-089-1.jpg
latitudes-079.jpg
latitudes-078.jpg
latitudes-074.jpg
latitudes-081.jpg
 


Novos Produtos Centrífuga
Centrífuga permite separar con total precisión o elemento para o que foi deseñada, neste caso, as Fantasías.

Centrífuga funciona como un Estimulador de Fantasías Propias.

Unha gran parte da nosa vida basease nas nosas ilusións, se puidésemos facer realidade unha delas probablemente nos asombrariamos da gran satisfacción vital que acadariamos .

Centrífuga para Fantasías fai posible este desexo.

Centrífuga funciona como un Identificador Perfecto de Fantasías.
En moitas ocasións, a nosa imaxinación confúndenos e non nos permite recoñecer con claridade os nosos desexos máis intensos.

Centrífuga permite que a túa fantasía se faga totalmente clara na túa mente e, así, unha vez localizada, poderás realizala.


Como usar Centrífuga para Fantasías
Estás na Cabina Depuradora Dourada, descálzate antes de entrar, aumenta a percepción.

Acceso ao interior, sigue as seguintes indicacións e déixate levar.
- Pasea polo Espazo Contorno Estimulador.
- Sitúate no punto central de cor ROSA.
- Xira suavemente sobre ti mesmo.
- Sinte como o espazo comeza a xirar ao teu arredor.
- Libera o teu pensamento.
- Deixa que aflore a túa fantasía máis intensa, agarda a que se faga cada vez máis clara e nítida, aséntaa na túa memoria.
- Unha vez que fixes a fantasía na túa mente, xa estás listo para levala a cabo.

*Esta terapia garante total confidencialidade, as túas fantasías só están dentro de ti.