Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Máquinas de Calor

Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

calor-070.jpg
calor-071.jpg
calor-076.jpg
calor-081.jpg
calor-082.jpg
calor-085.jpg
 

Dende o ano 2006, o campo de investigación de Mónica Alonso é a temperatura e a incidencia que as súas variacións poden causar na psique humana, mostrando particular atención ás manifestacións artísticas derivadas da calor e do frío. Tendo en conta a teoría de Emile Durkheim no seu libro El suicidio. Estudio de sociología (1897), segundo o cal as temperaturas extremas favorecen a alienación mental.

Mónica Alonso define as súas propias obras de arte como "Espazos Terapéuticos" que teñen como función localizar e transplantar os praceres e instintos típicos do ser humano para os transformar en praceres artísticos a través dun proceso definido como "Transplantes baseados na localización de esencias e instintos no ser humano". Algúns dos ditos instintos e esencias son: o amor, a fantasía, a dor, o pracer, a loucura, o infinito, o suicidio.

A temperatura é, xunto á comida, a bebida, o sexo, o xogo e o sono, un deses praceres primitivos do ser humano que garanten a súa supervivencia. Alterando estes, incidimos sobre o seu máis primario equilibrio. As temperaturas extremas, calquera que sexan, favorecen a alienación mental. O contraste da temperatura das estacións preséntase como un dos factores cósmicos que incide no desequilibrio mental.

As máquinas de calor son unha investigación sobre a psicoloxía da calor. A calor da paixón, o ardor interior, a rabia, a excitación e a alteración. As Máquinas de Calor foron deseñadas para a exposición "Calor", que tivo lugar en 2008 na galería Tiziana Di Caro, en Salerno. Aproveitando o momento da exposición, durante os meses de xullo e agosto, para unha percepción óptima de calor ambiente exterior, calor máquinas en espazo expositivo.

Calor está formada por carcasas modeladas en esquina que agardan a presenza humana para enviarlle aire quente directamente á caluga, á cara, á columna vertebral, e provocar a calor corporal nas máquinas de cores laranxas e vermellas.
A calor obtida é física e emocional. A parte emocional está ligada ás alteracións da paixón, ao ardor, á rabia, á excitación.


INDICACIÓN: As Máquinas de Calor están indicadas para estimular os estados emocionais descritos, así como a obtención de calor nos lugares de frío. As Máquinas de Calor pódense usar tanto en lugares de frío como en lugares de calor, aínda que o seu efecto óptimo se acada cando o ambiente que as rodea é de calor.