Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Corazóns Dobres

Pulsa sobre as imaxes para velas a tamaño completo.

scq-008.jpg
scq-009.jpg
scq-101.jpg
scq-010.jpg
scq-077.jpg
scq-082.jpg
scq-087.jpg
scq-102.jpg
scq-110.jpg
scq-111.jpg
 

 

As pulsacións cardíacas inícianse moito antes do noso nacemento, no embrión de poucas semanas, e duran sen interrupción toda a nosa vida sen pararse xamais.

O palpitar do noso corazón é un son de vida, de forza, sen ese palpitar todo o noso corpo párase e deixa de ter vida. O medo a que o noso corazón sufra física e emocionalmente, e como consecuencia se deteriore, é unha preocupación que nos acompaña. Acadar o equilibrio do noso corazón, o latir harmonioso, é agora posible cos Corazóns Dobres.

A asociación do teu corazón con outro artificial, deseñado para harmonizar o propio, manterá o teu corazón en equilibrio e harmonía, sen diminuír en ningún caso a intensidade das vivencias da túa vida diaria.

O corazón dobre acompaña no seu latir ao corazón propio controlando e absorbendo o sufrimento físico e emocional que deteriora ao corazón propio. O Corazón dobre actúa tamén como rexenerador.

Protexe o teu corazón asociándoo a un Corazón Dobre.

Corazóns Dobres Azul Rexenerador
O azul é a cor do etéreo, da eternidade, do infinito, do equilibrio, da harmonía e o relax.
Corazón dobre azul ceo
Harmoniza dun xeito relaxante o teu corazón, absorbendo calquera alteración prexudicial para a súa saúde. Este corazón está indicado para corazóns que precisen dun alto grado de equilibrio físico e emocional.
Corazón dobre azul profundo
A subida de intensidade do azul harmoniza igualmente o corazón ao mesmo tempo que permite unha maior actividade física e emocional. O azul profundo propicia a vivencia de sensacións máis intensas.
Corazón dobre azul ceo en interior azul ceo
Un corazón azul ceo somerxido no seu propio azul. Un interior totalmente etéreo e harmonioso que preserva o teu corazón dun xeito total.
Corazón dobre en sol interior
Sentir a luz interior que representa a forza e a sabedoría é unha idea desexada por persoas de diferentes culturas. O corazón dobre en sol interior ilumina e rexenera o teu interior, facendo posible acadar forza e coñecemento do interior propio.
 
CORAZÓNS DOBRES SENSUAIS

As pulsacións cardíacas inícianse moito antes do noso nacemento, no embrión de poucas semanas, e duran sen interrupción toda a nosa vida sen pararse xamais.

O palpitar do noso corazón é un son de vida, de forza, sen ese palpitar todo o noso corpo se para e deixa de ter vida. O medo a que o noso corazón sufra física e emocionalmente, e como consecuencia se deteriore, é unha preocupación que nos acompaña. Acadar o equilibrio do noso corazón, o latir harmonioso, é agora posible cos Corazóns Dobres.

A asociación do teu corazón con outro artificial, deseñado para harmonizar o propio, manterá o teu corazón en equilibrio e harmonía, sen diminuír en ningún caso a intensidade das vivencias da túa vida diaria.

O corazón dobre acompaña no seu latir ao corazón propio controlando e absorbendo o sufrimento físico e emocional que deteriora ao corazón propio. O Corazón dobre actúa tamén como rexenerador.

Protexe o teu corazón asociándoo a un Corazón Dobre.
Corazóns Dobres Sensuais

Quero compartir contigo unha experiencia que alterou a miña vida: a visita ao deserto do Sáhara no sur de Tunes. Escribía isto no meu caderno de viaxe:
Dende que volvín do deserto síntome completamente alterada, vivín sensacións que nunca sentira antes, como se algo no interior da miña carnalidade se espertara. Síntome alterada, descontrolada, sobreexcitada, viva, efervescente, dóeme o corazón. Nas dunas do deserto, na area branca, descubrín a maior das sensualidades, a mestura da miña carne branca coa area branca entrando por todos os poros da miña pel. A vivencia dunha carnalidade máxima. É o máis excitante que sentín nunca. Teño que materializar esta sensación.

Organizo unha segunda viaxe ao deserto do sur de Tunes, quero traer area branca do campamento de haimas de Zaafrane. Quero traer area vermella do coñecido como corazón do deserto, un antigo fortín romano perdido na inmensidade do deserto de Ksar Ghilane.
Corazóns sensuais son a materialización desta vivencia iniciática, a posibilidade de vivir a maior das sensualidades.


Corazón dobre sensual. Un corazón de area vermella nun interior de dunas brancas. Estimula a sensualidade e a procura de praceres corporais.
Corazón dobre sexual.Unha pel de area vermella de Ksar Ghilane. A máxima expresión de excitación nun corazón vermello brincando na area branca do deserto de Zaafrane. Estimula a sensualidade e o desexo sexual.