Cargando...
  • GA  .  
  • ES  .  
  • EN  .  
  • IT  

Terapia Cuarto de Hospital TCH

O ingreso hospitalario acostuma ser unha experiencia perturbadora. Á preocupante situación da enfermidade úneselle a estancia nun lugar descoñecido, aséptico, que te sitúa na realidade da enfermidade. O cuarto de hospital adoita ser un lugar clínico, impersoal, no que o noso corpo e a nosa mente non encontran o abrigo do espazo coñecido e propio.
Non podemos modificar a realidade da enfermidade, pero si podemos minimizar a vivencia do espazo hospitalario.

A innovadora terapia que che propoño incide na túa imaxinación e no teu subconsciente: se tes a oportunidade de cambiar segundo os teus desexos o cuarto do hospital, o recordo que terás do teu paso polo hospital será o de ter permanecido no cuarto modificado nunha maqueta.

TERAPIA CUARTO DE HOSPITAL ESPECÍFICA PARA LACTANTES
A Terapia Cuarto de Hospital adaptada á área de lactantes pode ser de grande utilidade para a vivencia do ingreso hospitalario do voso bebé.

A IDEA É A SEGUINTE
Deseñar a configuración do cuarto do hospital para xerar a proximidade tan necesaria entre nai, pai e fillo. O neno precisa sentir o amor que transmite a vosa presenza e esta pode ser potenciada coa desexada transformación do cuarto, aproveitando a enerxía dun lugar agradable.

COMO FUNCIONA?
- Recibes a maqueta do cuarto do hospital na que vos atopades.
-Tedes a posibilidade de transformar a maqueta segundo os vosos desexos. Podedes cambiarlle a cor na súa totalidade: paredes, teito, chan, mobiliario (modificar a disposición do mobiliario, engadir ou retirar algún elemento), pensade en que compartides cuarto con outros pacientes e familiares.
- A redución de escala permítevos a visualización da totalidade e o acceso mental. Unha vez teñades transformada a maqueta, concentrádevos en vivir nela. A maqueta pasa a ser o lugar da vosa estancia no hospital.
- A terapia remata transformando o espazo da maqueta no voso cuarto ideal de hospital. No futuro, cando lembredes o voso paso polo hospital, o dormitorio que lembraredes será o creado por vos, segundo os vosos desexos e necesidades. Deste xeito, minimizamos a vivencia do espazo hospitalario.